Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

"Ningunha de nós é tan boa, como todas nós xuntas", lema da exposición aberta no Ensanche

Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago promoven a mostra «Cooperativas de Compostela. As palabras atraen, o exemplo convence»

Protagonistas do acto de apertura da mostra «Cooperativas de Compostela. As palabras atraen, o exemplo convence»

Protagonistas do acto de apertura da mostra «Cooperativas de Compostela. As palabras atraen, o exemplo convence» / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Xabier Sanmartín

Xabier Sanmartín

Santiago

"Ningunha de nós é tan boa, como todas nós xuntas", ese é un dos lemas da exposición chamada «Cooperativas de Compostela. As palabras atraen, o exemplo convence» aberta desde este mércores en Santiago no centro sociocultural de O Ensanche e promovida pola Unión de Cooperativas EspazoCoop (Unión de Cooperativas Galegas) e o Concello de Santiago.

17 experiencias cooperativas

Aberta con entrada libre no Ensanche, a mostra "repasa o impacto do tecido cooperativo na cidade, sinalan desde o seu equipo organizador". Na inauguración estivo presente a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, e a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, entre máis persoas asistentes. A exposición reúne 17 experiencias cooperativas de Compostela. "A selección reflicte a diversidade de actividades económicas que operan baixo este modelo na cidade, dende servizos empresariais e venda de produtos, ata iniciativas no ámbito da xestión cultural".

Parte da mostra «Cooperativas de Compostela. As palabras atraen, o exemplo convence»

Parte da mostra «Cooperativas de Compostela. As palabras atraen, o exemplo convence» / Cedida

Percorrido itinerante

A exposición «Cooperativas de Compostela. As palabras atraen, o exemplo convence» permanecerá instalada no CSC O Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo) ata o vindeiro martes 15 de setembro. Posteriormente, ao abeiro do convenio de colaboración entre EspazoCoop e Raxoi, prevese que percorra distintos centros socioculturais e espazos educativos da capital galega ao longo do 2027 en datas por concretar.

O proxecto foi deseñado e coordinado por EspazoCoop xunto coa cooperativa Maos S. Coop. Galega, e conta co financiamento do Concello de Santiago.

EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores, que ten como obxectivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo.

Tracking Pixel Contents