Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
16:09
h

24 horas de compostela

‘Un Recorrido por la Ópera’ será en S. Martín Pinario

O espectáculo Un recorrido por la Ópera terá lugar esta tarde, ás 20.30 horas, na igrexa de San Martín Pinario. No recital poderanse escoitar fragmentos de óperas tan coñecidas como Cosí fan tutte, de Mozart, Guillermo Tell o Viaggio a Reims, entre outras. p.b

Vodas de ouro dos alumnos de Química da USC dos anos 65-70

Os antigos alumnos da promoción 1965-1970 de Química que o ano pasado celebrarían o 50 aniversario da súa licenciatura, pero que, por motivo da pandemia, tiveron que suspender os actos programados, festexaron este xoves a súa volta ás aulas de Compostela. Despois dunha visita ao Pórtico da Gloria e un paseo polo Recanto da Saudade, onde viron a placa conmemorativa, dirixíronse despois a xantar todos xuntos ao Hotel Monumento San Francisco para concluir a gran xornada rememorativa. P.b

Os colexios de avogados de toda España reúnense no País Vasco

A xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago participa en Bilbao nas VIII Xornadas de Xuntas de Goberno dos Colexios da Avogacía que tivo comezo este mércores no País Vasco con máis de 800 participantes, que debatirán durante tres días sobre os retos da profesión. Na inauguración interviron a presidenta do Consello Xeral da Avogacía, Victoria Ortega, e o lehendakari Urkullu. “Falaremos de presente, pero sobre todo de futuro”afirmou a primeira na súa intervención na presentación inaugural do congreso. p.b

O Ateneo Barroco 2021 presentarase o luns

A Xunta Directiva do Ateneo de Santiago convocou unha rolda de prensa co obxectivo de presentar o programa completo do Festival de música antiga e barroca Ateneo Barroco 2021. O acto terá lugar o vindeiro luns, 13 de setembro, ás 12.00 horas no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, e contará coa participación do director artístico do festival, José Víctor Carou, así como de representantes do Ateneo de Santiago. P.B

Primoz Roglic celebrou a victoria no San Clemente

Primoz Roglic e o seu equipo, o team Jumbo Visma, elixiron o restaurante San Clemente para celebrar a victoria na última etapa e a consecución do maillot vermello por parte do seu líder. O ciclista esloveno, vencedor de tres etapas e gañador por terceira vez consecutiva de La Vuelta a España puxo punto e final a sua estancia na capital galega cunha cea na que a ledicia se notou. De este xeito, ao redor de corenta persoas cearon a gusto nun ambiente festivo, “pero muy comedidos, correctos y agradables”, según precisou o xerente do local, Miguel Ángel Diéguez. O simpático tricampeón esloveno fíxose fotos co persoal e con todos os clientes do restaurante que llo pediron, facendo gala das suas dotes de campeón e, sobre todo, de educación, discurrindo a noite ata pouco antes da unha da madrugada, cando os comensais se retiraron obligados polas medidas vixentes debido a pandemia da Covid. P.b

Arranca o festival de lectura Selic

A Selic dará comenzó esta tarde na súa segunda edición. Na primeira xornada do festival de lectura compostelá estarán presentes o gañador en creación literaria 2020, Gabriel Gómez, coa súa novela Baleiro, unha mirada irónica do presente que convida a reflexionar sobre o futuro da cidade compostelá. P.B

Semana para descubrir recunchos de Compostela

A IV edición da Semana do Patrimonio Invisible vai ter lugar do 13 ao 17 de setembro e vai contar cunha decena de espazos, dos que seis son novidades absolutas. Así, as persoas que participen nesta nova edición poderán descubrir recunchos descoñecidos de edificios como o Seminario Menor, a Facultade de Xeografía e Historia, o Pazo de Vaamonde, a Tribuna da Catedral, a igrexa e o cemiterio da Orde Terceira e a Zona C, ou antigo Concello compostelán situado na praza de Cervantes. redacción

10 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.