Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xenerosidade, compromiso e servizo público destacan nunha agrupación na que a súa alma son os voluntarios // Comprobar o estado das rutas do Camiño ou axudar en tarefas relacionadas coa pandemia son algunhas das tarefas // Coordinación diaria con Policía e Bombeiros

Andainas, eventos deportivos, vixilancia de concertos... Son algunhas das tarefas realizadas de forma cotiá pola agrupación de voluntarios de Protección Civil nestes 25 anos na cidade, marcadas por actuacións extraordinarias en desastres como o do Alvia e en outros máis festivos como os Anos Santos. Nun 2021 no que a vida tal e como a coñeciamos segue sen facer acto de presencia, o compromiso e o altruísmo dos voluntarios de Protección Civil en Santiago valen para recordar os bos valores que inda conforman o ADN das persoas.

Baixo a coordinación de Begoña del Río, recentemente galardoada coa Medalla ao Mérito da Protección Civil, a agrupación celebra un aniversario marcado polas actuacións nos cribados sanitarios, o reparto de alimentos a familias necesitadas, a axuda a nenos sen recursos tecnolóxicos, o reparto de máscaras ao comezo da pandemia ou a organización da vacinación en Amio.

Adrián Requeijo leva un ano en Protección Civil, e Cristina Pérez uns oito meses. El comezou pola curiosidade que lle producía desde pequeno ver a toda esa xente que se esforzaba por axudar ao resto, e ela fíxoo buscando un cambio na súa vida. Ambos chegaron á agrupación coa pandemia presente, e ambos fixeron do seu voluntariado unha rutina laboral máis.

Todo comezou hai xa 25 anos, en 1996, nun pavillón de madeira da rúa Trinidade, compartido con outros servizos do Concello. “Empezaron cunha mesa, unha cadeira e uns chalecos prestados, os voluntarios levaban a súa propia roupa”, explica Begoña del Río. Todo ata converterse nun servizo imprescindible na cidade grazas a voluntarios en continua formación e con profunda vontade de servizo público. “Non sería entendible o funcionamento da cidade sen o compromiso e a xenerosidade de Protección Civil”, afirma a xefa de Protección Civil en Santiago.

13 mar 2021 / 10:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.