Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A área sanitaria compostelá, finalista en 14 categorías dos premios ‘Best in Class’

Postula tamén á candidatura de mellor hospital de alta complexidade

Santiago. A calidade asistencial, a innovación e a atención ao doente dos traballadores da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza é novamente recoñecida nos prestixiosos premios BIC (Best in Class), promovidos anualmente polo diario de información sanitaria Gaceta Médica e a cátedra de Innovación e xestión sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos, coa finalidade de “promover a calidade asistencial nos hospitais e centros de saúde”.

Na XVII edición dos Premios Best in Class, a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza é finalista en 14 categorías, é dicir, está entre os cinco mellores de España, e acadaron esta distinción amais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o centro de saúde da Estrada, e os servizos de Cardioloxía, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Medicina Intensiva (Reanimación), Neuroloxía, Farmacia Hospitalaria en Oncoloxía, Pneumoloxía, Oncoloxía, Investigación en Oncoloxía, Patoloxía Dixestiva e Reumatoloxía. Na categoría de unidades, quedou finalista a de Esclerose multiple. Pola súa banda, a unidade de Infectoloxía Pediátrica recibiu o premio ‘Excelencia Cinco Estrelas’, unha mención especial por ter resultado gañador nas últimas catro edicións.

O obxectivo destes premios é recoñecer publicamente ao mellor centro de Atención Primaria, hospital e servizos e unidades estatais, tanto públicos coma privados, que buscan a excelencia na atención que lle prestan aos seus pacientes. ecg

24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito