Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Asociación de Médicos Gallegos premia ao IDIS coa Insignia de Ouro

Trátase da 25ª edición, sendo a distinción máis importante que pode outorgar esta entidade

Santiago. A Asociación de Médicos Gallegos concedeu un ano máis a súa Insignia de Ouro, que este ano recaeu no Instituto de investigación Sanitaria de Santiago, xunto ao INIBIC e IIS Galicia Sur.

O instituto de investigación compostelá, situado no recinto do Hospital Clínico de Santiago, é líder indiscutible da investigación sanitaria en Galicia e está entre os institutos acreditados españois que captan máis fondos económicos para investigación.

O IDIS, coma un exemplo da investigación sanitaria galega, é un dos grandes institutos de investigación biomédica de España acreditados polo ISCIII, foi o sétimo en acreditarse xa en 2010, e aproveita as sinerxias entre a área Sanitaria de Santiago e a USC. Destaca pola súa potencia en masa crítica, grupos moi competitivos que son referencia a nivel internacional no seu ámbito, pola crecente captación de recursos e produción científica; algunhas cifras aválano: 1.161 profesionais integrados en 99 grupos de investigación, 1023 artigos científicos orixinais publicados en 2021 cun factor de impacto medio de 6,98, sendo máis do 65% dos artigos de Q1, e 46 millóns de euros captados entre proxectos competitivos, recursos humanos, ensaios clínicos, e contratos e convenios de colaboración.

Así, o éxito continúa na recente concesión de proxectos financiados na convocatoria AES do ISCIII de 2022, que sitúan ao IDIS como 5º de España no número de proxectos captados, 4º na captación económica media por proxecto e 2º en porcentaxe de éxito. O IDIS destaca, ademais, pola súa capacidade de innovación e transferencia, é unha incubadora para empresas biotecnolóxicas, contándose ata en 7 aquelas que saíron do IDIS.

A Insignia de Oro é a máxima distinción que otorga a Asociación de Médicos Gallegos, que coa deste ano alcanza a súa 25ª edición. Concédese a unha personalidade galega polo seu apoio á entidade ou pola súa labor en favor de Galicia e a súa cultura. Coma norma xeral entrégase a título individual, aínda que a variante institucional que se da na concesión deste ano xa se produciu na 18ª edición, cando a receptora foi Cáritas España. D.SEIJAS

11 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.