Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Bakin’ Blues Band sustitúe mañá a The Lákazans no concerto do Feito a Man no parque de Bonaval

    MÚSICA. The Lákazans vén de cancelar o seu concerto no Feito a Man previsto para mañá, 11 de agosto, por razóns de forza maior. No seu lugar actuará a Bakin’ Blues Band, un dos principais referentes do blues en Galicia. A Bakin’ naceu en 2008 en Santiago e consolidouse nos diferentes clubs da cidade até participar en festivais de toda a Península. Neste tempo a banda compartiu escena con músicos de blues e soul recoñecidos internacionalmente como Barbara Lynn, Bonney Fields, Little Mike & The Tornadoes ou Greg Izor. Ten publicados dous EPs: Jumpin’ in a deep blue sea’(2013) e It’s always party time at home (2014), ademais de Ten long years, polo seu décimo aniversario. Foron banda residente no DadoDadá Jazz Club e agora no FraggleRock, ambos os dous na cidade que os viu nacer. O poderío desta formación estriba precisamente na potencia duns directos que colleitaron xa un público consolidado que goza escoitando esta enérxica mestura de blues de Chicago, rumba, soul e boogiewoogie.

    As influencias da banda, formada actualmente por Javi Turnes (guitarra e voz), Tato Vázquez (guitarra), Ale Casquero (teclados), Lucas Fernández (batería) e Fran Sanz (baixo), abranguen un amplo espectro sonoro que vai dende o blues de Chicago até o shuffle de Lowell Fulsom, sen esquencer os grandes mestres coma Muddy Waters, Howlin’ Wolf ou Little Walter. Ademais do espírito da música que lle dá nome e a través dela, a Bakin’ pretende transmitir valores de fraternidade e humildade fronte a un mundo cada vez máis deshumanizado. Bakin’ Blues Band fundouse en Santiago en 2008 por Turnes, Tato, Bibi Prieto (baixo) e Fran Facal (batería), e por ela pasaron infinidade de músicos nunha sorte de John Mayall’s Bluesbrakers á galega. O Feito a Man regresa e faino con toda a prudencia posible, con aforo limitado, e unha soa localización para poder garantir todo isto: Bonaval. ecg

    10 ago 2020 / 00:15
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito