Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A choiva volve teñir as rúas de Compostela tras un verán con moita seca

Os meses de xullo e agosto foron dos máis secos nos últimos anos // Só choveu sete días

Santiago. Malia o feito de que os últimos meses de verán supuxeron para Santiago case un récord de seca da cidade, os datos achegados polo profesor José Ángel Docobo amosan que as cifras que se anotaron non representan un récord de seca, a pesar de que según os datos rexistrados polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, nos meses de xullo e agosto só choveu sete días. En conversa co catedrático de Astronomía da USC hai uns días este xornal publicaba que no sétimo mes del año medíronse 5,7 litros /m2 en 5 días; namentres en agosto tan só choveu dous días.

Do que non cabe dúbida é de que son datos alarmantes, pois no que vai de ano tan só rexitráronse 526,2 l/m2 repartidos en 96 xornadas, según os datos do observatorio. Deste xeito, nos meses de verán, malia que en xuño rexistrouse 57,9 l/m2 en vinte días, a sorpresa foron os meses de xullo e gosto, que contabilizaron 5,7 l/m2 en cinco días e 17,5 l/m2 en dos días, respectivamente.

Así, sinalaba o profesor que “en las últimas décadas el año más seco fue 2007, con una precipitación anual de solo 1.204,4 litros/m2, siendo 1.807,5 l/m2 la media en Santiago”, e continúa afirmando que “con lo que llevamos medido hasta el 1 de septiembre, tendrían que caer hasta final de año casi 700 l/m2 para que, en cuanto a lluvias, este año no bata récords”.

Ante a posibilidade de batir o récord de seca na cidade compostelá, o catedrático sentenciou: “Este tipo de sequías no son normales pero tampoco demasiado raras”.

Así e todo, o retorno das precipitacións son unha boa noticia para os composteláns, especialmente tras un verán tan caluroso e seco como o que se tivo este ano. Neste senso, malia que setembro comezou cunha notable baixada nas temperaturas, todo parece indicar que a choiva chegou para quedarse. Así o corrobora o pronóstico de MeteoGalicia, que apunta a unha semana pasada por auga con abundantes precipitacións. s.t.

04 sep 2022 / 21:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito