Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

ubicación provisional

Ana Pontón trasladará ó Parlamento a proposta de construción dunha nova sede en Compostela

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo unha visita á Escola Oficial de Idiomas de Santiago, da man do seu director, Gonzalo Constela, acompañada polo portavoz parlamentario de Educación, Manuel Lourenzo, e pola portavoz municipal, Goretti Sanmartín. A líder nacionalista avanzou que o BNG vai levar tanto ó Concello como ao Parlamento o debate para poñer en marcha unha nova sede da Escola. “Esta é unha proposta xa vella na cidade, pero aínda non tivo resposta, e xa fan a vinte anos dun centro que naceu nunha localización provisional e polo que pasaron máis de 30.000 estudantes”, indicou Pontón.

Entre eles a propia líder nacionalista. “Este centro forma parte da construción da cidade pola súa aportación”, indicou, tras destacar que á EOI asístese por diferentes motivacións, desde polo pracer de aprender idiomas a para conseguir unha oportunidade para mellorar as expectativas laborais. “Resulta clave darlle un impulso á aprendizaxe de linguas desde a capital do País e iso pasa por ter unha nova escola de idiomas á altura das necesidades actuais, que permita contar cos medios para impartir o ensino de idiomas cunha metodoloxía actualizada así como ampliar a oferta de linguas”, recalcou.

Pontón, que destacou a calidade do profesorado, lembrou que, tras dúas décadas de traballo da man dun claustro de moi alto nivel e entrega, “se ten convertido nun emblema da calidade do ensino público en Galicia e cun balance non só numérico, senón tamén para a mellora da formación lingüística de Santiago e incluso de Galicia, cunha labor incuestionábel de modernización do ensino e integración social: O BNG insiste na urxencia de que a Xunta inclúa nos orzamentos unha partida para o novo edificio da Escola Oficial de Idiomas, unha demanda que a formación nacionalista leva anos apoiando, pero que según eles o goberno do PP segue sen concretar, desoíndo unha reivindicación xusta e urxente.

A escola neste 2022 celebra o seu vixésimo aniversario aínda no emprazamento provisional que se lle concedeu no barrio de Vite no seu nacimento en 2002. A promesa dunha nova sede, como explicou o director, tivo “vaivenes” ao longo dos últimos anos, e Gonzalo Constenla, o seu director, espera que agora as administracións “únanse para poder levala adiante”.

“As administracións deben facer posible que se poida ofrecer un servizo de plena calidade e axustado á normativa oficial, que nós incumprimos porque o decreto de ordenación académica estabrece unha serie de espacios e servizos que non podemos dar porque non temos a oportunidade”, manifestou ó director do centro a Europa Press.

08 abr 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito