Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A escritora e xornalista María Xosé Portela presenta a súa novela ‘Cobardes’ en Santiago

“A trata e tráfico de mulleres, nenas e nenos para a súa explotación sexual, está no debate público e político”, di

Santiago. A xornalista e escritora María Xosé Porteiro mañá, ás 19.30 horas, no Ámbito Cultural do Centro Comercial Compostela a novela Cobardes (Belagua Ed. 2021). Na presentación participarán a autora, a catedrática de Literatura da Universidade de Santiago Dolores Vilavedra, e a editora Edurne Baines. Esta versión en castelá do texto homónimo que se publicara en galego hai vinte anos aborda un tema que segue a estar de plena actualidade como a trata e o tráfico de mulleres.

No prólogo, María Luisa Abad, pedagoga e poeta, considera que “Cobardes é unha novela valente, incómoda, que denuncia trapos sucios que ninguén quere ventilar. Métese nas cloacas cheas de lixo. Estamos a falar dun dos primeiros thriller vigueses, das primeiras novelas negras da cidade. Porteiro, visionaria, inaugura un camiño polo que transitarán moitas e moitos escritores posteriormente. Publicada en galego en 2001, impresiona ao abordar o tema da trata de mulleres para a súa explotación sexual con perspectiva de xénero, algo pouco doado de atopar neste tipo de obras.”

A profesora Dolores Vilavedra, no seu comentario crítico a esta edición, salienta que “vinte anos despois, agora traducida ao castelán como Cobardes, a novela de Mª Xosé Porteiro segue atrapándonos pola valentía e honestidade con que aborda temas complexos, pola tensión narrativa que a autora lle imprime a un argumento que elude con habilidade todas e cada unha das trampas do obvio ou previsible”. ecg

09 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito