Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Fundación Andrea recibe máis de 10.000 euros grazas á solidariedade

A recadación correu a cargo de Mediolanum, a través dun reto que duplicaba as doazóns

Santiago. A Fundación Andrea ven de recibir a achega da campaña da Semana Solidaria do Banco Mediolanum. Cunha acción realizada por segundo ano consecutivo xunto a esta entidade, recaudaron un total de 10.570 no último período do ano.

A Semana Solidaria enmárcase no proxecto Mediolanum Aproxima, que difunde o labor de diferentes ONG de carácter local que tentan mellorar a calidade de vida de moitas persoas, ademais de recadar fondos para apoialas.

Grazas á creación da campaña Semana Solidaria coa Fundación migranodearena, pódese axudar a organizacións sen ánimo de lucro de todo o territorio e sumarse aos eventos. Ademais, algunhas destas ONG puxeron en marcha retos solidarios que poden conseguirse ata o 17 de decembro.

O 2020, que foi o primeiro ano que o proxecto Mediolanum colaborou coa Fundación Andrea, levaron a termo o reto dunha Andaina Solidaria, co fin de recadar fondos para axudar aos usuarios da fundación, a todas as familias con nenos que padezan enfermidades graves, de longa duración ou terminais. Nesta primeira edición, recaudaron un total de 11.505 euros.

Rubén Couñago, organizador da iniciativa, explicou a este periódico que o proxecto é unha forma de tomar acción e facer algo cando se trata de axudar a outros.

‘MULTIPLICANDO SONRISAS CON ANDREA’. “Este ano o reto chamouse Multiplicando sonrisas, de forma que a Delegación da Fundación Mediolanum duplicou a donación conseguida no reto, co fin de multiplicar a solidariedade”, explicou Rubén.

Ademais, tamén se inclúiu o sorteo dun Iphone 12, co fin de fomentar a participación e acadar a recadación necesaria en favor da Fundación Andrea. “De feito, o sorteo realizámolo nun dos proxectos desta ONG, como son as Casitas”, sinalou o organizador da campaña.

Estas casas ofrécense aos pais destes nenos desprazados a Santiago, como unha vivenda temporal da que dispoñen plenamente durante todo o tempo que dura a hospitalización dos seus fillos, garantindo o seu descanso, aseo e manutención nunha contorna acolledora, o máis parecido posible a un fogar.

CAMPAÑAS CON MÁIS DE 60 ONG. Por outra banda, estas non son as únicas campañas coas que Mediolanum actúa en favor de entidades sen ánimo de lucro.

Actualmente están traballando con más de 60 ONG locais. Desde o proxecto Mediolanum, “traballamos únicamente con ONGs locais, para axudalas a darse a coñecer. Nós o que facemos é funcionar como un altofalante para que sexan máis coñecidas e poidan chegar a máis xente. Non traballamos con grandes ONG´s porque xa contan con ingresos e maiores axudas. ECG

26 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.