Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A rede Cidades Patrimonio impulsará os plans locais de acción turística

Se executarán da man de Turespaña, Paradores e tamén o Concello de Madrid

Santiago. O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, participou onte na sesión constitutiva da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, na que se marcou como obxectivo o impulso inmediato dos plans operativos de Turismo, que foron aprobados o pasado venres en FITUR. Na reunión participou tamén o alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, presidente do GCPHE e presidente da citada Comisión, cuxa coordinación corresponderá este 2022 ao concelleiro de Turismo de Salamanca, Fernando Castaño, coa concelleira de Turismo de Mérida, Pilar Amor, como segunda coordinadora.

Durante o encontro, os integrantes da Comisión de Turismo sentaron as bases para a posta en marcha dos plans de acción que se executarán da man de Turespaña, Paradores e o Concello de Madrid, que inclúen dúas presentacións internacionais no primeiro semestre do ano, en Lisboa e México, seguidas de presentacións en Xapón e Corea do Sur, e doutras de ámbito nacional en Barcelona, Málaga e Canarias, así como xornadas directas con operadores turísticos en Miami e A Haia.

Ademais, o director comercial de Paradores, José Carlos Campos, participou na reunión da comisión para abordar os avances en relación coas experiencias inéditas que se ofertarán aos clientes da cadea nas cidades do Grupo.

Finalmente, no encontro de onte acordouse iniciar os traballos para fixar as accións de comunicación e campañas publicitarias que o GCPHE realizará neste exercicio. ECG

26 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito