Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 24 enero 2022
03:33
h

A rúa das Orfas estará unha semana pechada ao tráfico

CÁMARAS. A rúa das Orfas, no casco histórico da capital galega, quedará pechada ao tráfico durante unha semana dende mañá por mor instalación de cámaras de tráfico, dentro do proxecto Smartiago.

Ademais, Travesa do Franco e rúa do Vilar tamén estará pechadas ao tráfico dende o 24 de xaneiro, neste caso, coma mínimo, durante as próximas dúas semanas.

Dende Raxoi indicaron que o paso peonil permitirase en todo momento. Tamén se permitirá a circulación de vehículos e persoas pola praza do Toural. O Concello prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar. REDAC.

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito