Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 19 octubre 2021
17:37
h

A voz de Hana Blažíková no gran festival do Ateneo

MúSICA. Tras o singular concerto centrado nas historias de amor e desamor case milenarias do trobador medieval francés Bernart de Ventadorn, protagonizado pola cantante Paloma Gutiérrez del Arroyo e o arpista compostelán Manuel Vilas, seguindo a práctica máis habitual na época de acompañar a voz dun único instrumento de corda, neste caso a arpa medieval, chega á terceira edición do Festival de Música Antiga e Barroca un dos fitos deste Ateneo Barroco 2021. Deixando patente o especial protagonismo outorgado á voz nesta terceira edición, preséntase no terceiro dos catro concertos do festival (hoxe, no Salón Teatro, ás 20.00h) a presenza da soprano checa Hana Blažíková, recoñecida especialista da música barroca, renacentista e medieval, sensible cantante e músico, que tamén toca a arpa gótica e atesoura unha frutífera e sólida carreira con actuacións nos máis destacados festivais, teatros e auditorios xunto aos máis prestixiosos conxuntos, orquestras e directores. ECG

15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito