Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 24 septiembre 2022
18:29
h
ENTREVISTA
Guadi Galego // Cantante de Cedeira que actúa ás 20.30 horas no Teatro Principal, dentro do Festival Maré 2022

“A xira Costuras foi moi fermosa, sen dúbida a mellor da miña vida”

“Téñolle aprecio a todas as miñas cancións, máis non destacaría unha en concreto. Sería como escoller un fillo favorito: son distintos, pero quérelos igual a todos”

Guadalupe Cribeiro Galego (Cedeira, 1974), máis coñecida coma Guadi Galego, é unha cantante de música indie. En 1997 comeza a súa carreira musical no grupo Berrogüetto, co que obtén o premio Mellor Grupo Folk Europeo de 2000. Dende entón, a artista amplía o seu repertorio, sumando galardóns individuais e colectivos. No 2020 lanza o disco Costuras cos produtores cataláns Vic Moliner e Pau Brugada (Olivera Estudi). E, ás 20.30 horas de hoxe no Teatro Principal, celebrará o peche da xira deste álbum cun concerto que se convertiu no primeiro espectáculo do Festival Maré 2022 en esgotar as entradas, reflectindo o tirón dunha das artistas máis relevantes da escena galega.

Fuches a primeira artista do Festival Maré 2022 que esgotou as entradas para o seu espectáculo. Que se sinte?

O de esgotar as entradas é un pouco relativo. Cada artista actúa nun escenario e a capacidade é moi distinta. Eu escollín o Teatro Principal porque nel síntome cómoda, máis sentirse chea non depende de que se esgoten as entradas ou non. Aínda así, alégrome moito e estou moi agradecida ao público.

Entón, como afrontas o concerto do sábado?

Con moita emoción e moitas ganas. É o peche da xira Costuras, que comezou no 2020 e coincidiu coa pandemia, con todo o que isto implica, e cando remate pasarei un ano lonxe dos escenarios de Galicia. Será un momento moi emotivo.

Ademais, estarás acompañada de Paula Grande, Olatz Salvador, Silvia Quesada e outras persoas coas que colaboraches. Que consideras necesario para facer unha colaboración?

Ten que haber empatía e gusto polo que fai o outro, iso é primordial. Non chega só cunha boa relación persoal, aínda que tamén suma. Nesta ocasión, por exemplo, había xente coma Paula ou Silvia ás que xa coñezo dende fai tempo, pero a Olatz non a coñecía de nada.

E con quen te atopastes máis a gusto? Tes alguén en mente para unha futura colaboración?

Foi un auténtico pracer con todos, e non se me ocurre ninguén en concreto. Estou aberta a traballar con calquera artista que admire ou que sinta o mesmo por min, non se me ocorre ningún nome en particular, pero haberá un montón de opcións. Nestas cousas nunca se sabe con quen pode acabar unha.

O desta tarde no Teatro Principal será o último concerto da xira Costuras. Como a valoras globalmente?

Foi moi bonita, sen dúbida a mellor da miña vida. Foi un proceso moi longo, que comezou coa pandemia. Houbo concertos abertos, coa xente moi separada, coa máscara posta, sen poder bailar, houbo pausas, e finalmente foise recuperando a normalidade e chegaron de novo as multitudes, os bailes pegados... e pese a todo, sempre sentín a complicidade do público. Foi unha experiencia fermosa.

Cal é teu proceso á hora de compoñer cancións?

Sentarme e traballar (contesta entre risas). O certo é que non sigo ningunha pauta, cada canción chega dunha forma distinta. O “proceso” cambia moito.

Algún grupo ou cantante no que te inspires ou que fixese que te dedicases á música?

O certo é que non. Vivo a música con moita intensidade dende que era pequena, non só pola parte musical senón tamén polo seu fondo social ou cultural. É sabido, por exemplo, que son amante das linguas minoritarias e intento defendelas nas miñas obras. Penso que é importante, e ademais, achegoume a persoas coas mesmas preocupacións e as que estou moi agradecida de ter coñecido.

E que pretendes transmitir a través da túa música?

Sempre poño os aspectos emocionais por riba dos criterios estéticos. Para cada obra penso no que desexo transmitir: emoción, tristeza, caos...

Hay algunha canción túa á que lle teñas especial aprecio? Unha favorita?

A moitas e a ningunha. Cada canción chégalle a distintas persoas, unhas triunfan máis que outras polas circunstancias de cada un... eu téñolle aprecio a todas, pero non son quen de escoller algunha á que lle teña máis aprecio que a outras. Isto é como escoller un fillo; cada un terá as súas cousas boas e malas, pero non hai favorito, quérelos igual aos dous. Non ves un mellor.

Cales son os teus plans unha vez rematada a xira?

Durante o próximo ano actuarei fóra de Galicia, polo resto de España. Non estou afeita a actuar lonxe da casa, pero tamén teño moitas ganas de explorar. Ademais, agardo presentar en decembro un novo álbum que xa está “na fábrica”.

23 sep 2022 / 19:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.