Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abe Rábade presenta o último traballo, ‘Sorte’

música. O novo traballo do pianista e compositor compostelán Abe Rábade, Sorte, con A.R.T., o seu trío habitual desde 2008, con Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería, é o seu álbum número 14 como líder. Coa suxerente idea-forza da Sorte como “grupo de elementos que emerxeron por medio do azar” xorde un álbum con 12 composicións orixinais que representan distintos estados de ánimo. O abano estético do material vai desde a música clásica ao blues, pasando pola influencia da música tradicional de Galiza, a experimentación tímbrica de vangarda e os elementos interactivos e espontáneos tan propios do jazz. Editado por Nuba Records, está xa dispoñible nas principais plataformas de audio e vídeo e ten programada para febreiro unha xira con catro concertos, en Santiago, Salamanca, Oviedo e Madrid. Pese á pandemia, Abe Rábade non parou de sorprender con distintos proxectos e iniciativas. ecg

29 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.