Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aberto o procedemento de adxudicación dos quioscos da Alameda e da plaza de Vigo

Estableceuse un tipo mínimo de licitación en forma de canon a abonar ao Concello de Santiago de 3.000 euros

Santiago. O alcalde, Sánchez Bugallo, informou sobre a aprobación na xunta de Goberno local da concesión do uso privativo do dominio público municipal para a explotación de dous quioscos, sitos no parque da Alameda (lote I) e na praza de Vigo (lote II), e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto, establecéndose un tipo mínimo de licitación en forma de canon a abonar ao Concello de Santiago, 3.000 euros. A xunta de Goberno local aprobou tamén as bases da convocatoria e adxudicación de 36 cheques de consultoría para o comercio local do programa Coidar para mellorar 2021 nas seguintes modalidades de comunicación, escaparatismo e mercadotecnia visual, e transformación dixital.

Tamén lle deu luz verde ás bases da convocatoria de subvencións, destinadas ao fomento do deporte federado. Dos asuntos tratados na reunión do executivo municipal, informou o alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo. Acompañárono o concelleiro de Polítícas Lingüísticas, Rubén Prol; e a técnica responsable da área de Comercio, Lucía Castro, que explicaron as bases da convocatoria do programa Coidar para mellorar, no que colaboran os dous departamentos. Segundo explicou Rubén Prol, o programa ten como obxectivo contribuír a unha maior normalización do noso idioma, e a reforzar o uso do galego entre as empresas; ao ofrecer un servizo de asesoramento e unha liña de de subvencións para os establecementos que desexen mellorar a calidade da súa comunicación comercial e incorporar o galego.

Estas dúas modalidades de axudas convocáronse por primeira vez no ano 2019 coa finalidade de ofrecer vantaxes competitivas aos negocios que empreguen a nosa lingua. redacción

14 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito