Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio

O Concello lembra tamén que o pagamento fraccionado de tributos ten que solicitarse antes do 1 de febreiro

Santiago. A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá do Concello de Santiago informa de que, dende o 17 de xaneiro e ata o 18 de febreiro de 2022, está aberto o prazo para o abono da taxa anual das tarxetas de municipio (rotuladas cun L). O importe é de 50€ e o pagamento efectuarase nas oficinas de TUSSA, de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 16,30 a 20,30 horas. A persoa interesada deberá acreditar a titularidade da tarxeta con DNI, tarxeta de residencia ou pasaporte. No suposto de actuar por representación, esta deberá acreditarse achegando fotocopia da identificación do representante e autorización asinada pola persoa representada.

Por outra banda, o Concello de Santiago lembra á cidadanía que pode solicitar o pagamento fraccionado de varios tributos municipais ata en 9 cotas antes do 1 de febreiro de 2022. Os tributos se poden fraccionar son o Imposto de Bens Inmobles (IBI), o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto de Actividades Económicas (IAE), a Taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público para paso de vehículos a través de beirarrúas ou calzadas, e para reserva da vía pública para aparcamento exclusivo (VADO) e Taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público con mesas, cadeiras, tribunas, quioscos de hostalería e outros elementos análogos con finalidade lucrativa (OMS). ECG

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito