Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 12 julio 2020
13:47
h

Ábrese o prazo para solicitar as bolsas de comedor e adquisición de material

Curso 20/21. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este luns a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2020/2021. Polo tanto, a partir de hoxe, 30 de xuño, ábrese un prazo de 15 días hábiles para presentar as solicitudes. A esta convocatoria destínanse 620.000 euros, se ben esta contía podería ampliarse no caso de no cubrir todas as necesidades coa partida inicial. Hai tres tipos de bolsas: as de comedor, cun máximo de 90 euros ao mes; as destinadas á realización de actividades extraescolares, ata un máximo de 30 € ao mes; e as bolsas para adquisición de material escolar, cun máximo de 60 € a través dun pago único. ecg

29 jun 2020 / 22:23
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito