Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Ademais das medidas de apoio aos máis vulnerables e os programas para a recuperación económica e laboral, o Concello tamén elaborou protocolos de seguridade e mantivo en marcha as obras e os proxectos para que a cidade recupere o seu pulo turístico con vistas ao Xacobeo 2021 TEXTO L. Álvarez

Agora, si podemos. Santiago, un luxo para visitantes e pelegríns do mundo

Dende o comenzo da crise o Concello de Santiago desenvolveu un amplo abano de políticas destinadas a paliar os efectos sociais e económicos da pandemia, e tamén para preparar á cidade de cara a súa recuperación, especialmente ao sector turístico, un dos piares da economía local que afrontará o vindeiro ano o reto do Xacobeo 21.

Os máis vulnerables foron a prioridade, coa posta en marcha de medidas como a habilitación do número 010 para recoller as demandas de axuda e ter unha fonte de información sobre cales e cantas eran as necesidades reais. Tamén, os bonos para obter comida e produtos de primeira necesidade, o servizo a domicilio para os rapaces que tiñan beca de comedor escolar, suspendido polo peche dos centros. Ou o de axuda no fogar, e a campaña para atopar albergue para os sen teito. Medidas todas elas que permitiron que as principais necesidades dos que más as precisaban non quedaran se resposta adecuada.

Otra liña de actuación, que contou cun orzamento inicial de máis de cinco millóns de euros foi a destinada a axudar a superar a situación aos sectores máis prexudicados, como as pequenas empresas e comercios, os autónomos e as persoas sen emprego, cunhas axudas que complementaban, e nalgúns casos facían máis viables as postas en marcha por outras administracións, por exemplo, o pago dos xuros dos créditos.

Neste senso, ademáis da colaboración e coordinación con outras administracións, tamén se puxeron en marcha liñas de traballo conxunto co tecido asociativo da cidade, desde a Cámara de Comercio ás organizacións empresariais e profesionais, coa finalidade de recoller ás súas inquedanzas e orientar así as políticas públicas cara unha maior efectividade.

competitividade. Nesta mesma liña foron tamén os programas dirixidos de xeito específico a sectores como a cultura, e o sector turístico en xeral, para o que esta semana se anuncióu un paquete de axudas para a adaptación dos locais, tanto para os aspectos materiais como de asesoría, e para a modernización coa introducción das novas tecnoloxías, e acadar así un maior nivel de competitividade.

Pero ademáis de todas estas liñas de axudas, a administración local tamén ten un importante papel no impulso á economía a través das súas inversións e da planificación das infraestruturas necesarias para o desenvolvemento da actividdade.

Desde xeito, e na medida das posiblidades e sempre coas necesarias medidas de precaución moi presentes, o Concello mantivo en marcha toda unha serie de obras de especial importacia para a celebración do Ano Santo, e avanzou na tramitación doutras cando a situación o permitiu.

Foi o momento, tamén, para acometer por fin a renovación dun bo número de contratos de servizos que levaban anos prorrogados. Unha decisión que non só va a permitir unha melloría na súa prestación, senón que tamén vai ter un papel fundamental á hora de impulsar a actividade económica e, non menos importante, para a recuperación do emprego.

Servizos fundamentais para os residentes, pero tamén para incrementar a competitividade de Santiago como destino turístico, como son os de auga e saneamento, o transporte público, o mantemento dos parques e xardíns... sumados ao resto de contratos pendentes de licitar polo Concello, o que supón unha inversión aproximada de oitocentos millóns de euros, que se van inxectar na economía local nos próximos exercicios orzamentarios.

Todos eles contribuirán a facer unha cidade máis segura e máis confortable, coa finalidade de manter a potencia do sector turístico que sempre foi unha das señas de identidade na capital de Galicia. De feito, nesta liña estaría a elaboración dun selo de garantía que certifique o estricto cumplimento das normas de protección en todos os establecementos, e que sirva para reforzar a imaxe de Compostela como destino de calidade, e agora tamén de máxima garantía sanitaria.

Selo de confianza. Deste xeito, o Selo Comercio de Confianza, posto en marcha en colaboración coa Cámarca de Santiago, ten como obxectivo fundamental transmitir aos clientes a garantía de que os establecementos que gañaron o dereito a exhibir este recoñecemento poden ser visitados con total confianza y as máximas garantías de seguridade. O Concello, ademais, subvencionará este selo, que terá unha vixencia dun ano, aos establecementos que o reciban.

Todo este intenso traballo desenvolvido ao longo destes meses coa vista posta no futuro postcovid, para manter, mellorar e impulsar a cidade, é o que permite que a partir do vindeiro un de xullo, cando está prevista a reapertura do Camiño de Santiago e da Catedral que é a súa meta, se poida afrontar a situación coas máximas garantías de éxito na recuperación económica e social, para a que precisamente o Xacobeo 21 pode ser a mellor das ferramentas posibles.

plan marco
inversión, apoio e asesoramento

··· O Plan Marco de Reacti -vación Económica posto en marcha por Raxoi prevé unha inversión inicial de cinco millóns de euros, e contempla 23 medidas de estímulo de crecemento e fomento da competitividade da economía local dirixidas á industria e demais sectores produtivos, ao comercio, a hostalería e ao emprego. O obxectivo é favorecer a dinamización económica do municipio unha vez remate o periodo de confinamento, e incide, sobre todo, nos colectivos especialmente castigados pola crise.

··· Tamén está contemplado o Plan de Reactivación do sector Turístico, do que esta semana se presentaron as bases da convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe, que prevén un investimento de ata 400.000 euros para fomentar a innovación na restauración e hospedaxe de Santiago, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial e facilitar a adaptación ao novo contexto económico.

··· Aparte destas axudas, Raxoi tamén puxo en marcha o primeiro Plan de Contrata- ción Municipal, por un valor próximo aos 800 millóns de euros, co obxectivo de contribuir á reactivación económica xerando ademáis un im- portante número de postos de traballo na cidade. Espérase ter a meirande parte dos contratos licitados a finais de ano.

··· Para gastos sociais, a Corporación municipal compostelana aprobou o pasado mes de maio un crédito extraordinario para facer fronte a todos os gastos derivados da crise, entre eles, os tiques de comida e os servicios de atención domiliciaria a maiores e menores.

15 jun 2020 / 22:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito