Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alcer sensibiliza sobre a doazón de órganos no IES de Pontepedriña

charla. O alumnado de 2º da ESO e membros do persoal técnico de Alcer (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril), desenvolveron estes días varios talleres sobre a doazón e o transplante de órganos e o fomento de hábitos de vida saudables. Para a realización dos talleres contaron ca participación de voluntariado da entidade, como Jessenia Fuentes, Silvia Pérez, Raúl Gómez e Alejandro Ameneiro contando a súa experiencia coa enfermidade renal. A charla está baseada na historia real dunha menor con enfermidade renal crónica e a través dela fálanse de tres bloques principais: o primeiro e máis breve, dedicado á explicar que é Alcer Coruña e os seus obxectivos, o segundo centrado en explicar que é a Enfermidade Renal, hábitos de vida saudables que promovan a saúde renal e cales son tratamentos renais substitutivos e, o terceiro, para falar sobre a doazón de órganos e como facernos doante. Ademais, durante todas as sesións o alumnado fixo preguntas dirixidas ás persoas voluntarias de Alcer Coruña quen se atopan en diferentes tratamentos como transplante, hemodiálise o diálise peritoneal. Ao remate da sesión o alumnado levou material explicativo da entidade xunto cunha solicitude de

carné de doante. s. cuiña

16 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito