Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Algoritmos’ de Xavier Queipo, preséntase en Couceiro

santiago. Esta tarde celebrarase, ás 19.30 h, na libraría Couceiro de Santiago, a presentación de Algoritmos, de Xavier Queipo. Acompañando o autor, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Queipo volve a sorprender ao público cunha nova novela. Publicada na colección Literaria, Algoritmos é un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de expresar ideas e sentimentos cunhas notas heteróclitas, aloucadas ás veces e excesivamente racionais outras, para construír un relato.

Neste libro, as lectoras e lectores poden atopar unha variada galería de personaxes, lecturas e rememoracións, máis ben pretendidas intimidades intelectuais. Estes algoritmos reflicten dalgún xeito que son os propios algoritmos a ideoloxía dominante neste tempo de dúbidas e incertezas, que temos que apandar con eles, coñecelos e dominalos, mesmo para seguir exercendo o oficio de escribir.

Xavier Queipo (Compostela, 1957) escribe e publica regularmente en galego desde 1990. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990), O ladrón de esperma (relatos, 2001); Dragona (novela, 2007), Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009), Extramunde (Premio Xerais de Novela 2011), Os kowa (Premio Blanco Amor 2015), Corazón de manteiga (novela, 2020), ou Final Feliz (relatos, 2022).

Participou ademáis en numerosos libros colectivos e antoloxías, traduciu do francés a Amin Maalouf e Hervé Guivert e, do inglés, a Joseph Conrad e James Joyce. d.seijas

29 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito