Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aparcamento alternativo para a rúa de Salamanca

Santiago. O BNG trasladou ao Pleno unha moción para dotar dun espazo alternativo de aparcamento para a veciñanza de Ultreia e do barrio da avenida de Salamanca, tendo en conta a previsión de suspensión de prazas coas obras de accesibilidade e humanización.

Así, propuxo ampliar os prazos para poder presentar alegacións formais ao documento do estudo de detalle e que estas se poidan realizar despois de que exista unha xuntanza aberta con representación tanto técnica como política do goberno municipal, onde se expoñan os detalles do proxecto e onde se poidan resolver as dúbidas pertinentes. Ademais, atenderase e darase resposta ás alegacións presentadas pola recentemente constituída Plataforma Ultreia, que recolle medidas como iniciar os trámites para declarar todo o ámbito como Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU), habilitar axudas para a redacción e execución dos proxectos de elevadores e ramplas e incorporar ao conxunto da reflexión urbanística o tramo máis próximo á Avenida Xoán XXIII. Aprobouse por unanimidade, agás no punto de ampliar os prazos en que o PSOE se abstivo na votación.

Tamén a pregunta do BNG o alcalde reiteróu o compromiso de por en marcha un programa de reactivación económica para as rúas de San Pedro y Concheiros en xaneiro, cando se espera que estén rematadas as obras de reurbanización. ecg

26 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito