Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aposta por unha campaña para apoiar ó comercio de proximidade na tempada de agasallos de Nadal

BNG. O grupo municipal do BNG proporá no pleno que o Concello desenvolva unha campaña para apoiar o comercio de proximidade compostelán e fomentar a compra de produtos galegos coincidindo coa tempada de agasallos de Nadal. “Ten a oportunidade de desenvolver unha campaña específica de promoción de produtos galegos no pequeno comercio como un xeito de defender os nosos sectores produtivos, de transformación e de distribución que loitan fronte aos xigantes do comercio electrónico”, explicó Goretti Sanmartín, portavoz nacionalista. Apostan, ademais, por a edición dun catálogo de distribución gratuíta dos produtos á venda en cada comercio, servizos de conciliación no Centro Sociocultural do Ensanche e noutros lugares descentralizados por barrios con actividades para nenos e nenas mentres se fan compras e tamén dar facilidades con vales desconto nos aparcadoiros. Con esta campaña, o BNG cre que se pode contribuír a frear o peche de tendas e a destrución de postos de traballo por mor da crise económica e da pandemia da covid-19. redac.

26 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito