Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 04 diciembre 2022
11:18
h

Aprobada la rehabilitación de diez calles de la ciudad

Santiago. A xunta de goberno local aprobou onte o proxecto técnico de Rehabilitación de firmes de vías urbanas 2022 que conta cun orzamento, IVE engadido, de 458.811,10 euros e un prazo de execución de catro meses. A proposta do departamento de Obras contempla actuacións en dez ámbitos da cidade: Rúa de Alfredo Brañas, rúa de Santiago de Chile, rúa das Canteiras do Sar, rúa dos Forniños, rúa de Amio, rúa da Carballa e rúa de Seoane, Travesa da Estrada, rúa do Combarro e Travesa do Combarro, rúa de Diego Bernal, rúa do Pino e rúa de Mallou de Abaixo.

Executaránse distintos tipos de actuacións. Entre elas, de fresado e posterior aplicación de mestura bituminosa, pintado, limpeza de determinados viarios ou saneo das zonas deterioradas. Tamén se deu luz verde á concesión das subvencións ás asociacións de veciños para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2022. d.seijas

13 sep 2022 / 20:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito