Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arantza Portabales gaña o Premio Novela Europea en galego

O galardón noutra lingua do Estado foi para a escritora Almudena Grandes

No Día das Letras Galega, no Casino de Compostela, reunironse os xurados específicos da Edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago na modalidade de novela traducida, nas seccións de novela galega e doutra lingua do Estado, para emitir o seu voto, contabilizar os votos de todas as urnas repartidas en diferentes etablecementos para proceder ao cálculo do resultado final. Realizados os cómputos dos votos resultaron gañadoras Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales (Ed. Galaxia), na sección de novela galega; e Los pacientes del Doctor García, de Almudena Grandes (Ed. Tusquets), na categoría de doutra lingua do Estado. O xurado específico no caso da novela galega estivo formado por Antón Pedreira, Jean François Le Bayon, Manuel Salvado, Manuela Almeida, Marián Rey e Milvia Varela.

No caso da novela doutra lingua do Estado, o xurado estivo formado por Chús Vázquez, Fernando Ochoa, Laura Lorenzo, Loli Sans, María Baleato e Maribel Martín. Deixe a súa mensaxe despois do sinal é unha novela protagonizada por catro mulleres moi distintas e con idades tamén moi dispares, pero con algo en común, todas elas optan por deixar mensaxes en catro contestadores automáticos e, o final, as súas vidas acabarán cruzándose dalgún xeito. A súa autora foi a pregoneira da Feira do Libro de Santiago.

Los pacientes del Doctor García forma parte de la serie Episodios de una guerra interminable, integrada tamén por Inés y la alegría, El lector de Julio Verne, e Las tres bodas de Manolita.

18 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito