Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arranca o mércores a folga do persoal do servicio de Otorrinolaringoloxía

Sanidade. O 17 de novembro anunciábase a convocatoria de folga do persoal facultativo especialista do Servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS, que se inicia o vindeiro 1 de decembro. Os e as profesionais esixen á xerente do complexo, Eloína Núñez, o cesamento do seu xefe de servizo, “que leva anos tratándoos con faltas de respecto e menosprezos, a máis de exercer dunha maneira autoritaria a súa xefatura. A insostible situación do servizo e a pasividade da xerencia do complexo hospitalario para dar unha solución á situación derivan na actual folga”. Deste xeito, o comité informa á opinión pública da área de Santiago de que este mércores alomenos nove dos trece especialistas en otorrinolaringoloxía fixos de este servizo irán á folga, ademais de formaren parte do comité de folga. Estes profesionais esixen unha organización adecuada “e non arbitraria como a actual, que está supoñendo para estas traballadores e traballadores a perda ou a non adquisición da competencia adecuada para realizaren todo o traballo médico e cirúrxico da súa especialidade e así prestar a asistencia da mellor calidade aos pacientes”. Desde xeito esixen o cese do xefe do servizo, ao que acusan de “falta de respecto e menosprezos”. REDAC.

28 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito