Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As Cancelas celebrará o aniversario de Celi con atraccións para nenos

Santiago. Como cada setembro, a mascota de As Cancelas cumpre anos e quéreo celebrar ao grande con todos os seus amigos. O sábado 25 de setembro, desde as 11:00 e até as 21:00 horas, o centro comercial acollerá as mellores atraccións infantís, talleres e

actividades para que todos os nenos e nenas gocen do aniversario do extraterrestre

máis famoso de Santiago. Ademais, o evento servirá para presentar a Casa de Celi,

un novo espazo na planta superior do centro comercial que acollerá a partir de agora todas as actividades que programe o club infantil de As Cancelas. Haberá ao redor de 20 atraccións e talleres gratuítos que se distribuirán entre o parking exterior e as tres plantas do centro comercial, en cada unha das actividades haberá control de aforamentos para evitar colas e disporase de xel hidroalcohólico. Entre as atraccións haberá un scalextrix e o tren de Celi, unha das máis populares en tódalas edicións celebradas ata o de agora. p.b

21 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito