Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As corais de Compostela promoven un Nadal Solidario 2020, máis necesario que nunca

Non poden facer o seu concerto de Nadal anual, pero piden axuda para a Cociña Económica e o Albergue de San Francisco como todos os anos, esta vez abrindo unha conta para as doazóns

A IX edición do concerto realizado anualmente pola Cantorum Compostelana non se poderá realizar este ano de momento debido á situación sanitaria. De todos modos realizarase unha actuación en vivo que se celebrará en todo o seu esplendor en canto o COVID o permita, onde se cantarán panxoliñas, aínda que sexa no verán. Neste concerto se unirán os seguintes coros: Santa Susana, Irmán Gómez, Xúbilo, Ponte Mantible, Asubío, Coto da Nai e La Salle.

Mentres tanto, pódese disfrutar virtualmente de concertos de anos anteriores, lembrando diversas actuacións:

Falamos coa coordinadora das Corais de Compostela, Mª Dolores Alende, que nos contou que co COVID os coros ata tiveron que deixar de ensaiar individualmente, xa non só pola presenza de moitas personas de risco, senón por responsabilidade xeral.

Por outra banda, cóntanos que o último concerto que se levou a cabo co Cantorum foi o de Nadal do ano pasado, na Igrexa de San Francisco; e o último ensaio do La Salle, coro ao que ela pertence, foi moi pouco antes do confinamento, no propio mes de marzo. Dende entón ata a actualidade atópanse suspendidos e á espera de que a situación sexa segura para todos.

Normalmente, os ensaios conxuntos para o Concerto Solidario de Nadal terían comenzado en outubro, pouco antes ou pouco despois dependendo das novedades no repertorio. Pero a súa labor exténdese tamén ao resto do ano, xa que cada semana as corais reuníanse dúas veces durante hora e media para preparar outros concertos, coma o do día da Ascensión ou o do Día da Música. Explícanos Dolores que sempre hai moito traballo detrás de cada concerto, e que sobre todo o director fai unha labor estupenda, xa que é moi dificil e ten moito mérito dirixir tantos coros á vez, e ademáis o fai de forma desinteresada, por amor á música. Pero aínda que a todos nos encante facelo e o botemos moitísimo de menos, o máis importante por suposto é a seguridade.

Por último, Dolores pide ferventemente solidaridade cos medios que temos, aínda que de momento non haxa unha actuación presencial, xa que o COVID non só tivo efectos sanitarios devastadores, senón tamén económicos para moitas familias. Por iso as corais de Compostela non queren deixar de colaborar coa Cociña Económica e o Albergue de Francisco, e menos neste momento no que a necesidade é moito maior. Deste modo queda a disposición do público un número de conta para realizar os donativos, que se pode solicitar poñéndose en contacto na dirección corallasalle@hotmail.es

23 dic 2020 / 01:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.