Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As Letras de Compostela | Ailá: “As novas xeracións poden coller o legado”

Andrea Oca (texto) e Sabela Freire (vídeo). Ao ritmo de De Lusada, unha das pezas do seu novo disco, o acordeón de Xan Pampín e a voz e pandeireta de Ángela Carou agardan na sala musical do Museo do Pobo Galego. Son dous dos integrantes de Ailá, xunta Manuele Pardo e Abel Gañete. O escenario elixido está moi ligado a un grupo que traballa coa recuperación dos arquivos sonoros tradicionais como os que alberga este museo. “Volvemos a darlle vida a unha selección das grabacións, funcionalidade, adaptámolas. Traballamos sobre a voz e a percusión, acompañado con trompeta, bombo e acordeón que dan unha sonoridade minimalista pero moi enerxética”, explica Xan. Mestre musical de Ángela, representan a interxeracionalidade que convive en Ailá. “Todas as xeracións teñen a oportunidade de revitalizar a súa cultura, o noso legado”, engade.

Ángela é precisamente unha desas nenas que creceu coa tradición na casa, e que decidiu continuar o legado. O que empezou como un proxecto nacido entre as paredes de Crechas, rematou nun grupo profesional no que ela pon voz e carácter, e que levou a Ailá a actuar no Celtic Conexion de Glasgow. Alí foi onde comprendeu o lonxe que chega a música galega, que fascinou a un público estranxeiro. Este é un dos recordos que Ángela Carou mellor garda na súa memoria, xunto á actuación das festas do Apóstolo na Quintana, nun escenario compartido coas Tanxugueiras. Ambos grupos son presente e futuro da música en galego.

14 may 2021 / 12:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.