Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As usuarias do Cottolengo visitaron o alumeado de Nadal co apoio de taxistas

PAI ALEGRE. O Concello de Santiago e a Asociación Compostelana de Autotaxi uniron esforzos para agasallar ás persoas usuarias do centro do Cottolengo cun percorrido en taxi co que puideron desfrutar in situ das luces e decoracións de Nadal que adornan a cidade durante estas datas. As Irmás do Cottolengo do Pai Alegre de Santiago levan desde o 1951 acollendo e atendendo a persoas enfermas, discapacitadas e de poucos recursos que non poden ser atendidos por outras institucións. Catorce taxis recolleron onte pola tarde a unhas 30 persoas do Cottolengo do Pai Alegre, levándoas ata o barrio de O Castiñeiriño, o Belén Familiar de Conxo ou ata as principais rúas e prazas do casco histórico da cidade, con especial atención á praza do Obradoiro, onde foron recibidas polo alcalde Xosé Sánchez Bugallo. redacción

28 dic 2022 / 01:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito