Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Axenda con motivo do Día do Libro

Santiago. A concellaría de Centros Socioculturais programou unha decena de actividades con motivo do Día Internacional do Libro, que se celebra o 23 de abril. Son en total sete accións de fomento da lectura que se desenvolverán nos CSC de Santa Marta, Vite, O Romaño, Conxo e Fontiñas. E como apoio, para impulsar a participación da cidadanía, tres accións en redes, entre as que figura unha recomendación de libros.

As actividades presenciais organizadas pola rede de Centros Socioculturais de Santiago, en torno á biblioteca José Saramago son, entre outras, a exposición dos libros máis recomendados no CSC de Santa Marta, do 19 ao 24 de abril; Un libro, unha rosa, o xoves, 22 de abril no CSC de Vite. Ademais, coincidindo co Día Internacional da Madre Terra, plantaranse flores de gomaeva polos parques do barrio. ECG

16 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito