Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ben: “Aínda existen obras sen executar que foron incluídas no plan previsto para o rural”

PARTIDO POPULAR. Evaristo Ben Otero, concelleiro do Partido Popular, rexistrou unha pregunta dirixida ao Goberno local para que explique o detalle das actuacións que se executaron no rural compostelán ao abeiro do Plan único de Obras e Servizos (POS+) da Deputación da Coruña desde 2017, “ano no que se instaurou esta planificación para aglutinar varias liñas de cooperación do organismo provincial cos concellos”, apunta.

Nun comunicado do PP de Santiago engade que segundo a información obtida das sucesivas convocatorias anuais, ao Concello “correspondéronlle unha gran cantidade de fondos públicos do POS+, tanto nos plans iniciais como nas numerosas adicións realizadas. Así, no ano 2017 a cantidade total asignada foi de 2.063.211,94 euros; en 2018, 2.104.943,65; en 2019, 2.189.187,92; en 2020, 1.521.663,95; en 2021, 2.562.188,43; e en 2022, 1.702.570,52 €. En conxunto, din, a suma total asignada entre os anos 2017-2022 foi de 12.143.766 euros.

En relación co obxecto da pregunta, Evaristo Ben sinalou: “Temos constancia de que aínda existen obras sen executar que foron incluídas hai anos nesta planificación e temos serias dúbidas de que o compromiso de destinar a totalidade deses fondos ao medio rural se estea a cumprir”. ECG

07 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.