Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Borja Verea buscará facer da cidade un espazo máis cercano e familiar

Publicou un vídeo en redes sociais no que presenta as claves do seu proxecto de futuro

Santiago. O líder da formación municipal popular, Borja Verea, expuxo nun vídeo publicado en redes sociais as que considera as claves do seu proxecto na cidade, a apenas seis meses das eleccións municipais. Busca, asegura, un Santiago “que avance, que estea en marcha e que sexa líder e protagonista para resolver os desafíos do seu propio futuro”.

Así, afirma no vídeo que “é fundamental recuperar a vangarda, necesitamos ideas vivas, novos proxectos que poñan a cidade en movemento e que axuden a deixar o pasado atrás”.

Verea ten clara a súa idea de “unha cidade cercana, na que podas confiar, pensada para as familias, desde os máis novos ata os máis maiores”. “Unha cidade sensible e máis humana, cunha política de vivenda real. Unha cidade esperta, alegre e sostible”, engade. No que respecta ao emprego e a industria, a clave para Verea é converter a Santiago “nunha cidade con empregos creativos e de calidade; intelixente, con maior potencial e con novas ideas e novas ambicións”; “e que entre todos consigamos impulsar e liberalizar toda esa Compostela innovadora”, di.

O deporte será un piar fundamental no seu goberno posto que “non é só escola senón tamén convivencia”.

“Conto con todos vós para comezar a gobernar Santiago a partir da primavera de 2023”, subliña para rematar o vídeo o candidato á alcaldía de Santiago, Borja Verea. ecg

28 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito