Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Campamento de surf para os rapaces de Compostela

VERÁN. A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do Campamento de verán de surf, destinado a menores de entre 14 e 17 anos, que se desenvolverá en Oleiros, entre o 1 e o 8 de xullo. Contará con 30 prazas, dez máis que o ano pasado. O prazo de inscrición comeza este mércores, 18 de maio, e remata o 8 de xuño.O campamento ten como obxectivos, segundo explicou na presentación o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, “prestar un servizo á cidadanía máis moza, e facilitar as relacións intepersonais entre eles a través de distintas actividades didácticas, deportivas e de lecer”. Trátase dun campamento relacionado co mar, onde se mestura a práctica dos deportes náuticos coa flora e fauna mariña. As actividades programadas organízanse en torno a diversos eixos temáticos como son o xogo, o deporte, a saúde e a calidade de vida, o coñecemento e a cultura, a conservación e o respecto pola natureza. Requiren, todas elas, dun esforzo físico constante debido á práctica continuada de actividades deportivas comosurf, snorquel, sendeirismo, kaiak, ou paddel board, entre outras. O prezo por participante, que pasarán eses días de campamento no albergue de Santa Cruz, no concello de Oleiros, é de 120 euros. Por segundo irmán, ou familias numerosas, redúcese a 100 euros. A preinscripción pode realizarse mediante o impreso que se subirá á web do concello de e Santiago, debidamente cuberto, que se deberá entregar no Rexistro Xeral. ECG

16 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito