Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Campaña de vixilancia e control de camións e autobuses ata o domingo

Santiago. O Concello de Santiago, a través da Policía Local, súmase un ano máis á campaña especial de vixilancia e control de camións e autobuses que está levando a cabo a DXT ata o17 de outubro. A condución destes vehículos non é igual que a dun turismo; o comportamento dinámico é diferente, sobre todo se vai cargado. Neses casos, a suxeción da carga é vital, xa que calquera desprazamento da mesma incide sobre a estabilidade do vehículo por desprazamento do centro de gravidade.

Entre este tipo de vehículos, é máis alta a incidencia de saídas da vía e basculacións que pode explicarse pola excesiva ou mala colocación da carga. A pesar de que o 68 % do parque de vehículos en España son turismos, o transporte de mercadorías (camións e furgonetas) ten un peso importante no que a seguridade viaria se refire, xa que representa o segundo tipo de vehículos máis numeroso que circula polas estradas. REDAC.

15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito