El Correo Gallego

Noticia 50 de 444 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Apoio da Consellería de Cultura ó Premio Novela Europea Camiño de Santiago

Valentín García
 - FOTO: ECG
Valentín García - FOTO: ECG

REDACCIÓN   | 26.06.2019 
A- A+

Ubaldo Rueda e Maribel Martín, directivos da Asociación Cultural Café Casino de Santiago, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, en representación da Consellería de Cultura e Turismo, acompañados dos responsables das librerías colaboradoras e de responsables de establecementos comerciais, presentaron o periodo de votacións do Premio Novela Europea Casino de Santiago. Valentín García explicou que o galardón levará o aval da Consellería de Cultura e Turismo, que organizará a edición en colaboración coa Asociación Cultural Café Casino de Santiago, pasando a converterse nun proxecto de país con dimensión internacional, e chamarase Premio Novela Europea Camiño de Santiago, o que o situará no marco do Xacobeo 2021, e axudará a potenciar Santiago desde o punto de vista da cultura.