Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Camiños Sonoros encheu de música o Pico Sacro

Foron máis de corenta as actuacións que se desfrutaron de balde no marco deste ciclo posto en marcha pola Xunta

Camiños Sonoros, o ciclo musical impulsado pola Xunta de Galicia que está percorrendo diferentes concellos galegos da Vía da Prata, fixo parada o pasado domingo no Pico Sacro de Boqueixón para pechar os recitais que comezaron o pasado mes de maio. Esta cita en Boqueixón foi a encargada de poñer punto e final pechou a programación, que contou con 40 actuacións gratuítas, dirixidas ao público en xeral, que tiveron lugar durante as fins de semana de maio, xuño e xullo en diferentes emprazamentos de interese patrimonial na Vía da Prata, percorrendo as tres provincias galegas polas queatravesa este itinerario xacobeo.

O percorrido musical pola Vía da Prata concluíu coa actuación de dous mozos e unha moza. Martiño Malleiro Díaz deleitou ao público coa súa destreza co acordeón, mentres que Fernando Estévez Rodríguez fixo o propio co clarinete-percusión. Pechou este trío Nadia Vázquez Martínez, coa gaita.

Todos os concertos correron a cargo de máis de 100 estudantes de conservatorios profesionais situados na Vía da Prata como os de Xinzo de Limia, Ourense, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, así como con alumnos dos dous conservatorios superiores, o de Vigo e o da Coruña. As actuacións musicais incluíron un repertorio de diferentes estilos e nalgúns casos combináronse con breves explicacións dos intérpretes.

O ciclo forma parte da programación previa do Xacobeo 21 e inclúese no calendario da Xunta que prioriza melloras e diferentes accións de dinamización cultural neste roteiro en 2019. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, lembrou que a Administración autonómica está levando a cabo "varias accións para impulsar esta ruta". Neste sentido,inviste 3 millóns de euros na súa sinalización e mellora.

Ademais, como novidade, a Xunta ten en marcha unha operación para garantir a adecuada conservación dos Camiños de Santiago de cara ao Xacobeo 21, polo que cada trazado contará co seu propio contrato de mantemento. No caso da Vía da Prata, beneficiaranse28 concellos e actuarase en 236km cun investimento de 1,6 millóns de euros.O treito final da Vía da Prata inclúese no lote do Camiño de inverno á altura de Lalín, que contempla unha inversión superior aos 1,4 millóns de euros.

XULLO

Esta foi a derradeira

parada do ciclo, que comezaba en maio, e que conta coa dirección artística da pianista e xestora musical Andrea González. Durante todo xullo Camiños Sonoros chegou ata o mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea; á igrexa de Santa Mariña de Xinzo; ao mosteiro de Carboeiro en Silleda; ata A Mezquita; Allariz e Vedra, antes de rematar en Boqueixón.

29 jul 2019 / 20:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito