El Correo Gallego

Noticia 87 de 589 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Camiños Sonoros encheu de música o Pico Sacro

Foron máis de corenta as actuacións que se desfrutaron de balde no marco deste ciclo posto en marcha pola Xunta

Pola esquerda, Manuel Fernández, Nadia Vázquez e Ovidio Rodeiro - FOTO: Xunta de Galicia
Pola esquerda, Manuel Fernández, Nadia Vázquez e Ovidio Rodeiro - FOTO: Xunta de Galicia

C. ESTÉVEZ BOQUEIXÓN   | 30.07.2019 
A- A+

Camiños Sonoros, o ciclo musical impulsado pola Xunta de Galicia que está percorrendo diferentes concellos galegos da Vía da Prata, fixo parada o pasado domingo no Pico Sacro de Boqueixón para pechar os recitais que comezaron o pasado mes de maio. Esta cita en Boqueixón foi a encargada de poñer punto e final pechou a programación, que contou con 40 actuacións gratuítas, dirixidas ao público en xeral, que tiveron lugar durante as fins de semana de maio, xuño e xullo en diferentes emprazamentos de interese patrimonial na Vía da Prata, percorrendo as tres provincias galegas polas queatravesa este itinerario xacobeo.

O percorrido musical pola Vía da Prata concluíu coa actuación de dous mozos e unha moza. Martiño Malleiro Díaz deleitou ao público coa súa destreza co acordeón, mentres que Fernando Estévez Rodríguez fixo o propio co clarinete-percusión. Pechou este trío Nadia Vázquez Martínez, coa gaita.

Todos os concertos correron a cargo de máis de 100 estudantes de conservatorios profesionais situados na Vía da Prata como os de Xinzo de Limia, Ourense, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, así como con alumnos dos dous conservatorios superiores, o de Vigo e o da Coruña. As actuacións musicais incluíron un repertorio de diferentes estilos e nalgúns casos combináronse con breves explicacións dos intérpretes.

O ciclo forma parte da programación previa do Xacobeo 21 e inclúese no calendario da Xunta que prioriza melloras e diferentes accións de dinamización cultural neste roteiro en 2019. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, lembrou que a Administración autonómica está levando a cabo "varias accións para impulsar esta ruta". Neste sentido, inviste 3 millóns de euros na súa sinalización e mellora.

Ademais, como novidade, a Xunta ten en marcha unha operación para garantir a adecuada conservación dos Camiños de Santiago de cara ao Xacobeo 21, polo que cada trazado contará co seu propio contrato de mantemento. No caso da Vía da Prata, beneficiaranse 28 concellos e actuarase en 236 km cun investimento de 1,6 millóns de euros. O treito final da Vía da Prata inclúese no lote do Camiño de inverno á altura de Lalín, que contempla unha inversión superior aos 1,4 millóns de euros.

XULLO

Esta foi a derradeira

parada do ciclo, que comezaba en maio, e que conta coa dirección artística da pianista e xestora musical Andrea González. Durante todo xullo Camiños Sonoros chegou ata o mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea; á igrexa de Santa Mariña de Xinzo; ao mosteiro de Carboeiro en Silleda; ata A Mezquita; Allariz e Vedra, antes de rematar en Boqueixón.