Miércoles 16.10.2019 Actualizado 18:50
Google    

El Correo Gallego

Noticia 22 de 604 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Compostela sirve de exemplo en Sevilla nun foro sobre industrias culturais

Mercedes Rosón, dereita, durante a mesa redonda na que participou - FOTO: Raxoi
Mercedes Rosón, dereita, durante a mesa redonda na que participou - FOTO: Raxoi

REDAC   | 18.09.2019 
A- A+

PATRIMONIO A concelleira de Urbanismo e de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou onte na mesa redonda Desenvolvemento produtivo con inclusión: o rol das industrias creativas e culturais na economía local, que tivo lugar no marco do IV Foro Iberoamericano de Alcaldes: Patrimonio Vivo, que se celebra en Sevilla. Durante a súa intervención, sinalou que en Compostela, cultura e patrimonio levan séculos "íntimamente relacionados. E é aí onde estamos traballando, nesa simbiose". Dixo que por esa razón redactaron o Plan de Xestión da Cidade Histórica, que contempla a acción cultural e a potenciación do patrimonio como un aspecto esencial do noso desenvolvemento económico. Despois de falar da importancia do Camiño de Santiago como "transmisor da cultura europea"; e de salientar o papel que ten o patrimonio intanxible no desenvolvemento económico da cidade, destacou o valor das peregrinacións e a ampla oferta cultural e creativa de Santiago. Tamén explicou o Plan de Xestión da Cidade Histórica, que recolle oito obxectivos estratéxicos e retos de futuro.