El Correo Gallego

Noticia 295 de 699 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Concertos para divulgar a música en varios concellos da Vía da Prata

As actuacións serán de estudantes de conservatorios esta fin de semana

REDACCIÓN   | 27.06.2019 
A- A+

Camiños Sonoros, o ciclo musical impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo que está a percorrer diferentes concellos galegos da Vía da Prata, fai parada en L­alín esta fin de semana, con tres concertos gratuítos no Pazo de Liñares. Participarán alumnos dos conservatorios profesionais de Xinzo de Limia, A Estrada e o Superior da Coruña. O primeiro dos concertos celebrarase mañá ás 20,00 horas e os protagonistas serán seis alumnos do Conservatorio de Xinzo de Limia. David Álvarez, Elba Vázquez, Sara Lama, Aldara Rodríguez, Nicolás Casal e Aixa González interpretarán un programa de temas para piano e frauta travesa, que inclúe composicións de Franz Doppler, Mancini, Ravel e Bizet entre outros autores. Ademais, está previsto que a este concerto asista un grupo duns 40 alumnos do Conservatorio de Xinzo de Limia.

O sábado á mesma hora, ás 20.00 horas, o piano encherá de sons o Pazo de Liñares, cun repertorio completo de Franz Liszt, que interpretará Álvaro Sieira, alumno do Conservatorio Superior da Coruña. Na última cita musical da fin de semana en Lalín, o domingo, volverá soar o piano.