El Correo Gallego

Noticia 46 de 667 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Destacan a importancia da investigación ao redor do Camiño de Santiago

Castro participou na presentación dos Coloquios do Instituto Padre Sarmiento

A. M. Pazos, izq., E. P. de Guervara, N. Castro y C. Gnlez.
A. M. Pazos, izq., E. P. de Guervara, N. Castro y C. Gnlez.

ECG   | 16.10.2019 
A- A+

Santiago. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou onte na presentación da XII edición dos Coloquios Internacionais Compostela organizados polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento co impulso da Xunta. Castro salientou a importancia que a investigación ao redor do Camiño de Santiago está a ter para fortalecer as raíces da Ruta Xacobea na antesala do Ano Santo 2021.

Ademáis, puxo en valor a colaboración mantida nos últimos anos entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento ao facer posible iniciativas como estas xornadas que contribúen a "conservar e divulgar a historia e a esencia das peregrinacións desde distintos lugares do mundo". Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia referiuse ao carácter cada vez máis internacional do Camiño de Santiago, onde seis de cada dez peregrinos proceden de fóra de España.

Como recordou, os datos da Oficina do Peregrino constatan que o ritmo de persoas que recolle a Compostela está a medrar a un ritmo do 8 %, superando xa os 300.000 peregrinos e sobre todo, procedentes de cada vez máis países do mundo, ata os 186. "Esta realidade, máis que falarnos de datos, fálanos de que o Camiño e a peregrinación é unha suma de experiencias vitais e moitas historias persoais", explicou.

Neste sentido, valorou especialmente que a edición deste ano dos Coloquios Internacionais Compostela sexan quen un ano máis de apostar por esta internacionalización ao reunir en Santiago a un nutrido grupo de expertos e representantes de universidades e centros de investigación de lugares como Israel, EEUU, Canadá, Reino Unido ou España.A XII edición dos Coloquios Internacionais Compostela celebrarse os días 23 e 24 de outubro na sede do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Contará con representantes do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC en Madrid, da Universidade de Iowa, e das universidades israelíes de Haifa, Negev e Bar-llan, entre outros.