El Correo Gallego

Noticia 107 de 353 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Dous certames de artes plásticas son a novidade do ciclo Un Mes no Pico

FOTO: ECG
FOTO: ECG

ARCA   | 13.05.2019 
A- A+

O Concello de Boqueixón vén de dar o pistoletazo de saída oficial á segunda edición do Un Mes e Pico. Ciclo Cultural: O Pico Sacro na Cultura Xacobea. Unha proposta cuxo principal obxectivo é a posta en valor do histórico monte e do seu vencellamento coa cultura e tradición dos Camiños de Santiago. O comezo das actividades desenvolveuse onte pola mañá na Capela de San Sebastián e contou coa presenza do alcalde, Manuel Fernández Munín; o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O rexedor foi o encargado de explicar o amplo programa de actos que, nesta ocasión, contará con varias novidades. Entre elas, o I Concurso de Graffiti Xacobeo Mitolóxico, que dará comezo hoxe, e o I Certame de Novos Talentos de Pintura Rápida, que se desenvolverá o 2 de xuño. As bases de ambas dúas iniciativas poderanse consultar na web municipal ( www.boqueixon.com ). Indicar que Un mes e Pico mesturará distintas disciplinas que estarán directamente vencelladas ao tamén coñecido como Monte Sagrado.