El Correo Gallego

Noticia 69 de 444 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Festival polo día da Música no parque xunto a sede da SGAE

ECG   | 21.06.2019 
A- A+

A Fundación SGAE festexa hoxe o Día da Música cun festival en Santiago. A iniciativa celebrarase a partir das 20.30 horas no parque de Vista Alegre, ao aire libre e con acceso gratuíto. Encabeza o cartel o dúo Shica & Gutman, cuxo concerto ofrecerá unha espectacular fusión de música de raíz ibérica e flamenca con bases electrónicas. O programa do Día da Música, que conta co apoio do Concello de Santiago, complétase coa participación de dous excelentes grupos galegos: Villanueva e Best Boy. Os participantes no festival do Día da Música actuarán dende un escenario situado na terraza do edificio da SGAE cara ao parque. El festival contará cun servizo de restauración xestionado pola Asociación Veciñal As Brañas de Andrés.