El Correo Gallego

Noticia 92 de 589 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Galicia combina tradición e cultura no Festival de Lorient

Música, baile e gastronomía, eixos principais dun pavillón que pon a ollada no Ano Santo // Participan 300 artistas galegos

ola esquerda, primeiro, Sutil, e terceiro, Rodríguez, entre outros protagonistas - FOTO: G.
ola esquerda, primeiro, Sutil, e terceiro, Rodríguez, entre outros protagonistas - FOTO: G.

MARÍA LEDO SANTIAGO   | 03.08.2019 
A- A+

Galicia inaugurou onte un pavillón dentro da 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient (Francia). Neste espazo exhibirase unha ampla mostra da oferta cultural, gastronómica e turística da comunidade ata o vindeiro 11 de agosto.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo, encabezou a lista de asistentes á presentación do histórico encontro de música celta, que celebra este ano o Année de la Galice. Ademais de 300 artistas, tamén atopamos a Jacobo Sutil, director da Agadic, Lisardo Lombadía, presidente do festival e Pablo Seoane, delegado do Festival en Galicia.

Na presentación, Rodríguez desexou que a presenza da comunidade neste encontro sirva para proxectar a súa cultura e a súa identidade.

Así, lembrou que "o que veredes nos próximos días é unha mostra de todo o bo que a cultura galega pode ofrecerlle ao mundo".

Deste xeito, busca que sirva para "estreitar aínda máis os lazos entre Galicia e Bretaña", ademais de ter posta a ollada no próximo Xacobeo 21, xa que "nos situará como epicentro cultural a nivel internacional".

Nesta liña, o pavillón reforzará a promoción da música e a danza galega, acollendo un total de 55 concertos nos que participarán máis de 300 artistas, ao mesmo tempo que favorecerá a promoción da autonomía como destino cultural, gastronómico e turístico de cara ao vindeiro Ano Santo.


750.00 PERSOAS O obxectivo do proxecto é compartir co público asistente, máis de 750.000 persoas chegadas de todo o mundo, o amplo abano de formatos, estilos e tendencias que, a partir do folk percorren sonoridades diversas.

Ademais, tamén se ofertarán unha serie de actividades complementarias coma un obradoiros sobre instrumentos impartido polo músico Suso Baamonde, cantos de taberna coas voces de Do Fondo da Barra e as charangas de Xacarandaina e Os Sen Son.

A gastronomía tamén terá importancia no encontro, amosandoa a través da degustación de produtos típicos e da promoción da súa calidade como destino, en colaboración co Clúster Turismo de Galicia.

Entre os nomes que integran a delegación galega no encontro figuran algúns dos artistas máis internacionais da música galega, como Carlos Núñez, Mercedes Peón ou Milladoiro, ademais de artistas que están a renovar a nosa tradición musical, como Davide Salvado, Aliboria ou Tiruleque, e agrupacións que traballan na súa recuperación, mantemento e difusión.

 


programación. Durante a xornada de hoxe, a música será o eixo principal. Así, pola mañá o pavillón acollerá a actuación de Suso Vaaamonde, Os da Porfila e Davide Salvado, mentres que pola tarde será a quenda das agrupacións Alalá e Tolemias así como do concerto inaugural do festexo. O domingo tomarán o relevo Os Sin Son, Tralo Valo e Bouba Pandereteiras.

Para dar comezo a semana, o serán do luns contará coa celebración de A Grand Nuit de Galice, na que a tradición da nosa comunidade será protagonista. Para seguir, o martes terá lugar un obradoiro de baile da man de Xacarandaina, e o mércores pasarán polo espazo en cuestión Lorient Ariel Ninas, Do Fondo da Barra e, xa pola noite, actuará o grupo Milladorio, un dos máis grupos galegos máis recoñecidos.

O vindeiro xoves ocupará ese mesmo escenario o gaiteiro Carlos Núñez, mentres que o venres o prato forte será a actuación de Xosé Lois Romero. Por último, o evento rematará o sábado coa actuación da artista Mercedes Peón.