El Correo Gallego

Noticia 9 de 699 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Guía para mulleres apaixoadas da rica gastronomía que ofrece a Ruta inglesa

María Canosa presenta unha obra para viaxeiras curiosas con pratos e doces típicos de Galicia

Pereira (2ª, esq.) e García (2º, dereita.) con Canosa, Lola García e Irene Bigas - FOTO: Xunta
Pereira (2ª, esq.) e García (2º, dereita.) con Canosa, Lola García e Irene Bigas - FOTO: Xunta

ECG   | 28.11.2019 
A- A+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participaron onte na presentación da nova obra de María Canosa A peregrina gastrónoma. Unha guía do Camiño Inglés, que dá ao prelo, en galego e en castelán, Somos Libros co apoio da Xunta de Galicia.

Valentín García destacou "a orixinalidade dunha guía que a través das súas historias e narracións atraerá, de seguro, a Galicia moitas peregrinas gastronómicas que se sumarán tamén á dinamización da lingua galega e ao intercambio cultural que favorece o diálogo do noso idioma propio con outros moitos no contexto do Camiño".

Pola súa banda, a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, sinalou que "polo Camiño Inglés chegaron en 2018 a Galicia un total de 14.150 peregrinos e peregrinas, unha cifra que xa bateu marca superando todas as de anos anteriores e que se incrementará aínda máis este ano, no que as cifras do peche de outubro alcanzan xa os 15.610 peregrinos e peregrinas". A comisaria do Xacobeo 21 deulles os parabéns á autora e ás editoras "por un libro de viaxes moi ben narrado e ilustrado que ademais evoca perfectamente os lugares da que foi a ruta a Santiago máis transitada durante a Idade Media". Participaron canda eles e canda a autora na presentación as editoras Lola García e Irene Bigas.