Miércoles 16.10.2019 Actualizado 17:39
Google    

El Correo Gallego

Noticia 26 de 604 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Moción do BNG para apoiar o acto mundial sobre o clima con medidas reais ambientais

Goretti Sanmartín quere abrir o debate do que se pode facer desde o concello de Santiago

REDACCIÓN   | 17.09.2019 
A- A+

Santiago. A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, anunciou onte que presentará unha moción sobre a emerxencia climática e o apoio á mobilización do 27 de setembro polo clima, para abrir o debate do que se pode facer desde o Concello de Santiago en colaboración co movemento ecoloxista para concienciar a poboación.

Segundo explicou arredor do ecoloxista, da defensa do ambiente e do territorio hai moita retórica "baleira e hipocrisía" e insisteu en que logo hai que ver o que se fai na práctica, os recursos que se dedican e o que se inviste nesa materia. O BNG entende que hai que tratar a crise climática nunha tripla dimensión, no global onde se fala do incremento da temperatura, cos incendios e coa destrución da biodiversidade, no que se insire esta mobilización do 27 de setembro para concienciar a poboación; e tamén cunha "perspectiva galega" en que o BNG xa leva tempo a sensibilizar de que Galiza é fornecedora de materias primas cunhas "políticas nefastas" porque deixan os residuos, coa megaminaría, con falta de política forestal e onde é preciso desenvolver un novo marco normativo en colaboración co movemento ecoloxista para loitar con eficacia contra a emerxencia climática. No ámbito local, o BNG entende que Santiago debe ser pioneira en políticas ambientais e ecoloxistas. Sanmartín referiuse así á situación da estación depuradora ou do vertedoiro de Miramontes, entre outras cuestións. Tamén pediu unha planta de compostaxe para a capital galega.