Miércoles 16.10.2019 Actualizado 18:50
Google    

El Correo Gallego

Noticia 28 de 604 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Novas axudas de 500.000 euros para impulsar a realización de congresos

O Plan Estratéxico do Xacobeo aposta por fomentar este tipo de iniciativas

REDACCIÓN   | 17.09.2019 
A- A+

Coa intención de potenciar o turismo de eventos coa ollada posta no Xacobeo 21, a Xunta publicou onte no Diario Oficial de Galicia unha nova orde de axudas dotada con máis de 500.000 euros para entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outra iniciativa relativa ao turismo de reunións en Galicia.

A Consellería de Cultura pon en marcha esta nova liña de subvencións en concorrencia competitiva que pretende potenciar a actividade congresual en Galicia, especialmente importante no modelo turístico galego pola súa capacidade desestacionalizadora e por fomentar un turismo de alto valor engadido.

Ademais, a consolidación da comunidade galega como espazo para albergar este tipo de eventos é un dos obxectivos fixados no Plan Estratéxico do Xacobeo 21, aproveitando a oportunidade de diálogo e de intercambio cultural que suporá o próximo Ano Santo. Esta convocatoria conta cun orzamento global de máis de 500.000 euros para as actividades desenvolvidas desde o 1 de setembro de 2019 ata o 30 de setembro do 2020. Poderán ser beneficiarias universidades ou organismos públicos de investigación, a través dos seus centros, institutos, departamentos, seccións ou outras unidades de investigación; sociedades científicas legalmente constituídas, colexios profesionais e outras entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, dotadas de personalidade xurídica propia. Tamén se poderán beneficiar empresas ou sociedades privadas que promovan especificamente congresos, reunións, xornadas técnicas, eventos, presentacións ou incentivos.