El Correo Gallego

Noticia 72 de 444 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Pacto co Norte de Portugal de cara a promocionar o Xacobeo no país veciño

Luís Pedro Martins e Nava Castro no encontro que mantiveron esta semana - FOTO: ECG
Luís Pedro Martins e Nava Castro no encontro que mantiveron esta semana - FOTO: ECG

ECG   | 21.06.2019 
A- A+

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o novo presidente de Turismo de Oporto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martins, mantiveron un encontro esta semana para avanzar nas liñas de traballo dos diferentes proxectos europeos que comparten ambos territorios. Abordáronse, ademais, as diferentes liñas de traballo para actualizar o memorando de entendemento vixente que permita a promoción conxunta da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal con vistas ao Xacobeo 2021. Na última convocatoria dos fondos europeos do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), concedéronselle a Galicia e Portugal tres proxectos que estarán vixentes ata o ano 2021. Trátase de Fazendo Camiño, a través do que a Xunta de Galicia facilitará a súa experiencia de xestión ao redor do Camiño de Santiago para consolidar as rutas xacobeas na Eurorrexión. Tamén se traballa no proxecto EDIT, para mellorar a xestión dos recursos turísticos a través das TIC ou en Miño Navegable, co que se pretende impulsar a navegabilidade do río, aumentar o seu atractivo turístico e favorecer o impulso socioeconómico de ambos territorios.