El Correo Gallego

Noticia 108 de 699 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Promover estadías profesionais, intercambios e participación en distintas iniciativas europeas

REDACCIÓN  | 23.09.2019 
A- A+

Co obxectivo de favorecer aínda máis a internacionalización e a proxección exterior do centro, outro dos eixos de actuación do CSHG nos próximos anos pasa por promover estadías profesionais, intercambios e a participación en distintos proxectos europeos e internacionais. Así mesmo, teceranse alianzas cos principais axentes, profesionais e centros referentes no sector en todo o mundo.

Por último, o plan de actuación recolle unha modernización das súas instalacións e servizos, entre os que figura unha reforma integral da envolvente do edificio co fin de mellorar a súa eficiencia enerxética. "Imos mellorar o equipamento de xeito progresivo co obxectivo de que sexa un reflexo dun turismo moderno e sustentable", puntualizou o titular de Cultura, que asegurou que estas actuacións favorecerán un aforro enerxético de case 45.000 euros ao ano. Román Rodríguez subliñou que as actuacións permitirán que o complexo siga sendo un referente do modelo turístico da Xunta, sustentado na calidade e a excelencia, coa ollada posta no próximo Xacobeo 21. Neste sentido, agradeceu a colaboración de entidades como a USC, o Clúster Turismo de Galicia e outros profesionais do sector, por facer do CSHG un punto de encontro de todos os axentes implicados no ámbito turístico.