El Correo Gallego

Noticia 49 de 353 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Rodríguez subliña o papel vertebrador do Camiño de Santiago en Europa

O conselleiro Román Rodríguez, onte, na súa intervención no acto - FOTO: Xunta de Galicia
O conselleiro Román Rodríguez, onte, na súa intervención no acto - FOTO: Xunta de Galicia

REDACCIÓN  | 06.06.2019 
A- A+

CONFERENCIA O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou onte na inauguración da Annual Conference of Regional Studies Association, un congreso de carácter internacional que reúne en Santiago a máis de 500 expertos para debater sobre desenvolvemento, problemáticas e retos das rexións baixo o lema Empuxando rexións máis alá das súas fronteiras. Na súa intervención, o titular de Cultura e Turismo abordou o papel que desempeña o Camiño de Santiago como nexo de unión con Europa e a súa vinculación co paisaxe e o territorio. "Santiago de Compostela e a Ruta Xacobea compoñen un espazo de unión para compartir os valores fundacionais sobre os que se construíu Europa", subliñou. Neste sentido, Román Rodríguez tamén puxo en valor a necesidade de que Galicia se diferencie como pobo "desde o respecto e solidariedade". As temáticas que se abordan nestas ponencias: estúdanse as rexións como escenarios de resiliencia e competencia global; as rexións como construcións sociais e políticas permanentemente adaptadas ás dinámicas transescalares, e as rexións como espazos de cooperación e inclusión.